A compañía perfecta. Esa que nada pide e moito da. A que te leva da man para poñerte a salvo sen que teñas que abrir a boca para pedir auxilio, que te acompaña neste longo paseo que é a vida, e te mira de soslaio cando te quedas atrás, que te espera e non desespera, porque sabe que chegarás, porque sabe que nunca abandonarás.
Uns ollos que te miran e remiran e nunca se cansan de mirarte. A compañía perfecta de quen nada pide e moito da, de quen está aí cando non poderías estar con outro alguén.
Hai momentos que son eternos, recordos que son eternos, amores que son eternos. Sabes que será eterno cando non hai nada malo que poidas dicir del. Entonces, eternízase. Vólvese intocable, indomable, francamente difícil de volver vivir.
Eres só tí para moitos, pero tí es moito máis que case todos para min. Despois de todos estos anos mirándonos, só me queda a fe de haberte feito só a metade de feliz do que ti me fixeches a min. Gracias por acompañarme neste pequeno paseo, demasiado longo sen ti. Gracias polo amor de verdade, e por ensinarme o que importa. Espero haber aprendido algo de ti para levalo sempre comigo, agora que ti me tes que deixar. Agora que soa a música de game over.
26-04-2016